Buscar en este blog

Archivo del blog

domingo, 9 de mayo de 2010

ESPERTA

Con bágoas nos ollos,
ao verte tan lonxe,
lembrámosche agora
pois non che esquecemos
os que andamos fóra.
Mais hai xente dentro
que che aperta a gorxa
e no teu recuncho
acóchaste soa.
¡Esperta Galicia
e pon sangue novo!
Moita xente boa
tes no teu pobo
para alumar o camiño
e saír destas corgas
nas que andas a modo.

De "Poemas do Piteira (I)"
Safe Creative #1009087278110

2 comentarios:

  1. Eu non sei se acabará por espertar de todo algún día. Non sei como se ve isto desde o outro lado da Canda, pero moi ben pode que non se vexa, se é que se ve. Digamos que nos tempos que corren, de crise económica e de valores, a lingua seica non ten moita importancia. O malo é que niso se foi apoiando a historia para tapar as poucas bocas que souberon manter, case na clandestinidade, a cultura dun pobo, igual e diferente, encaixado entre o Courel, Os Ancares e Os Montes de León, vertido sobre as augas frías do Cantábrico e do Atlántico. E o que máis doe é que haxa que berrar desde fóra para que se escoite. dentro. E nin así.

    n bico moi forte... en Galego, por suposto.

    ResponderEliminar
  2. Canto tempo hai que me mandaches ese bico, e eu sen devolvercho!
    Pois mandoche un, e outro mais para ver se podo compensarche a tardanza.

    E, por suposto, en galego.

    ResponderEliminar