Buscar en este blog

domingo, 9 de mayo de 2010

VIDA SAUDABLE

Chega a Parca a miña casa,
eu non lle permito a entrada,
a cal e canto pechada,
así do gonzo non pasa.

Insiste con sorte escasa
no uniforme envurullada
mais téñoa ben controlada
que levo dieta sen graxa.

Agora como saudable,
sen sal como e sen touciño,
son con todos moi amable,

xa non abuso do viño,
a vida eme moi estable
e ando dereito o meu camiño.

De "Poemas do Piteira (I)"
Safe Creative #1009087278110

No hay comentarios:

Publicar un comentario