Buscar en este blog

viernes, 3 de febrero de 2012

EU VINO

E vexo o tempo,
olla, olla ben.
Non o ves?
Aló, riba do pensamento,
trala mirada dos soños.
Aló, naquela artesa,
trala cociña, lonxe da brisa.
Non o ves?
Aló, no bruar dos carballos,
nos olores das xestas.
Eu vino,
olla…
Aló, tralas noites sen lúa,
noites pechadas dun inverno frío.
Olla, olla ben. Non o ves?
Fíxate ben!
Aló, nas pegadas do camiño,
nas rodeiras do carro,
nos xugos, nas cangas…
Aló, lonxe, moi lonxe,
nos prados, nos valados,
nos outeiros…
Aló, lonxe, moi lonxe,
aló o vexo,
aló, o tempo.


Safe Creative #1202021017749

2 comentarios:

  1. Xóse aunque no me entere de la mitad de las cosas que bonito suena voy a tener que aprender Gallego para solo leer tus poemas un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Ai, canto botas de menos a Terra! E quen ben a sabes describir, canalla!

    Biquiños galegos.

    ResponderEliminar