Buscar en este blog

domingo, 20 de septiembre de 2009

RIO MAO




Río Mao, río Mao,
o río da miña aldea,
que pasaches a modiño
enchendo de vida as veigas
dándolle verde fresquiño
a esa herbiña das lameiras.

Coñecinche auguiña clara
mais agora ¿qué foi dela?,
que medra nos teus remansos
esa fea escuma negra.

Cántos prados ti regaches,
e leiras de froito cheas,
e lamelas alagaches
pretiño das túas ribeiras.

E cánta sede apagaches
tanto a homes como a bestas,
mais hoxe no teu camiño
xa só quedan fontes secas.

Río Mao, río Mao,
o río da miña aldea.



Safe Creative #1103268816747

No hay comentarios:

Publicar un comentario