E non quero, non quero,
esa noite, negra noite,
non a quero.
Noite pechada,
pasas de vagar,
deixa que veña
o claro luar.
Que chegue ven pronto,
que veña cediño,
que chora o meu neno,
que che ten mediño.
Non deixes, noite negra,
non deixes que chore
que os ollos dos nenos
só queren as flores.
Mis datos
Buscar en este blog
Archivo del blog
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Semella que adormeces, coma Rosalía, unha doce crianza nun berce, mentres suplicas por que esa negrura pase e se tinga de flores o amencer, simplemente cun sorriso do sol de Galiza.
ResponderEliminarComa sempre, percibo nas túas letras en galego e morriña que ás veces nos quere vencer cando estamos lonxe.
Un bico grandísimo.