Xa se escoitan nos camiños,
xa os escoito aturular,
alugados e fouciños
acó veñen a segar.
Veñen de lonxe os seus pasos,
lonxe deixaron o lar,
o sol queimándolle a fronte
premendo a fouce nas mans.
Cantando polo camiño
á chousa chegando van,
veñen face-la seitura,
é a colleita do pan.
Levan nos seus aturulos
medicina para curar
a saudade que padecen
no seu duro camiñar.
E nos aturulos teñen
menciña para acougar
dores por andar tan lonxe,
ai, tan lonxe do fogar.
Lamentablemente, xa non se escoitan no rural galego. Nin isto, nin o cantar das rodas dos carros!
ResponderEliminarXa non, é verdade. Mais eu, de pequeno, oía cantar os carros.
EliminarDi o meu pai, que o meu avó , pai del, e os outros mozos, facían competicións para ver cal era o carro que cantaba mellor. Asubiaban os eixes por todos os camiños.
Xóse suena muy bonito un abrazo Carmen
ResponderEliminarGraciñas, Carmen.
Eliminar