Orballo de mañanciña,
cheiro de terra mollada,
verdor daquela herbiña
que a choiva deixou deitada.
Paisaxe mudo de inverno
de folerpas ben estrado,
fumeira urxida do averno
riba dun monte furado.
Andan as burgas fervendo
o sangue do noso chan,
feitizos andan facendo
meigas que veñen e van.
Nos soños andan á espreita
lembranzas daqueles días
voando de esquerda á dereita,
voando nas noites frías.
Voando nas noites frías... Agarimando o corazón que arrefría ás veces, cando se está lonxe!
ResponderEliminarCanto agariman as lembranzas! A que si?
Moitos biquiños.
E logo!
ResponderEliminarBiquiños, Concha.