O samaín xa chegou
e con el a xente nosa,
que a escura raia pasou,
xa saíu da negra fosa.
Temos que prender o lume
e nel asar os bullós;
ten que verse ben o fume
para que cheguen onda nós.
Temos que tratalos ben
pois de lonxe veñen vernos;
algún día nos tamén
voltaremos dos avernos.
Que se senten onde as chamas
e que os coman ao quentiño,
que se deiten nesas camas,
deles foran aloumiño.
Canda eles comeremos
e beberemos bo viño
e con eles cantaremos
cantigas para o camiño.
Chegando o día se irán
e quedará a escuridade,
mais as lúas pasarán,
despois virá a claridade.
O samaín xa chegou
e con el a xente nosa,
que a escura raia pasou,
xa saíu da negra fosa.
Cantiga ben redonda, para lle poñer música!
ResponderEliminarAínda que lonxe, vese ben o que che gusta esta terra...
Biquiños.
RAPAZ, EU NON FARLO O GALEGO. AGUS
ResponderEliminarMoitas grazas, Concha. E logo! Gústame e quéroa...
ResponderEliminar¡Agus! Non falas galego, mais a este paso non tardarás moito.
ResponderEliminarUnha aperta.