Aloumiño da brisa
e vento que zoa,
baixando da serra
sentino na chousa.
Cheiro de xestas
que voa no ar,
arume espallado
na beira, no chan.
E brúan piñeiros,
lonxe, na serra,
e chega ata aquí
ruxido do vento
que vén onde min.
Recordo de olores,
que baixan do monte,
lembranza do tempo
que axiña pasou,
a fonte sequiña
no fin do camiño,
o rego que outrora
auguiña levou.
E quedan lembranzas
e soños de neno,
devezos arcanos
que nunca serán.
Esquecen no vento
antigas quimeras
que lonxe quedaron
e non tornarán.
Deixei as pegadas
do meu camiñar
cheíñas de orballo
e branco luar,
cheíñas do tempo
que camiñamos
marcando carreiros
que voan ó mar.
Aloumiño da brisa
e vento que zoa,
baixando da serra
sentino na chousa.
Mis datos
Buscar en este blog
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Un gusto visitarte Piteira.
ResponderEliminarCordiales saludos amigo.
Dominio de vocabulario, musicalidade e ritmo. E moito sentimento. Perfecto. Dá gusto ler este galego chegado de tan lonxe!
ResponderEliminarBicos.