Buscar en este blog

jueves, 3 de agosto de 2017

A RIBAS PEQUENAS (Homenaxe a Manuel María)

Este poema foi escrito especialmente para "Manuel María, libro colectivo de homenaxe no seu día das Letras Galegas, 17 de maio de 2016"O proxecto coordinouno o José Estevez cunha dedicación ilusionada que ao fin foi recompensada coa sua publicación no mes de xuño de 2017. O libro contén máis de 500 aportacions, debuxos, poemas, etc., de todos os sectores: culturais, políticos, sindicais, etc. Inclúense as das rapazas e rapaces dos centros educativos da Terra Cha. Case seiscentas páxinas cheiñas de arte.

(A día de hoxe aínda non saíu a venda, mais agardo que sexa pronto e todos poidades gozar da súa lectura)



Anastàsia Aranda sostén o libro, no que ela tamén
participa cun fermoso relato.


Ribas Pequenas é unha aldea do concello de Bóveda, a uns once quilómetros de Monforte de Lemos. Nela nacín, na “Casa de Piteira” e nela pasei, cos avós, os meus primeiros anos. (Piteira))


   Non canta na Chá ninguén,
escribícheslle á morriña...
a Chá de Ribas, tamén,
cala na lembranza miña.

   Eu na Chá de Ribas vía
aquel carriño cantar...
Teu carro, Manuel María,
teu carro non vai calar!

   E nas pedras xa rechía
a roda co ferro dando,
mentres o eixo asubía
vai o carro camiñando.

  Ai soidades, ai soidades,
nunca me ides deixar?
A carón de min andades
sen deixarme respirar.

   Tan lonxe de ti me vexo,
mais tan pretiño ti estás!
Ai, lonxe por non chegarche;
preto, pois no peito vas.

   Ribas Pequenas, terriña,
o primeiriño que eu vin,
non che esquezo, queridiña,
aldeíña onde eu nacín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario