Buscar en este blog

Archivo del blog

domingo, 5 de febrero de 2012

ATURULOS

 
Xa se escoitan nos camiños,
xa os escoito aturular,
alugados e fouciños
acó veñen a segar.

Veñen de lonxe os seus pasos,
lonxe deixaron o lar,
o sol queimándolle a fronte
premendo a fouce nas mans.

Cantando polo camiño
á chousa chegando van,
veñen face-la seitura,
 é a colleita do pan.

Levan nos seus aturulos
medicina para curar
a saudade que padecen
no seu duro camiñar.

E nos aturulos teñen
menciña para acougar
dores por andar tan lonxe,
ai, tan lonxe do fogar.


Safe Creative #1202051031883

4 comentarios:

  1. Lamentablemente, xa non se escoitan no rural galego. Nin isto, nin o cantar das rodas dos carros!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa non, é verdade. Mais eu, de pequeno, oía cantar os carros.
      Di o meu pai, que o meu avó , pai del, e os outros mozos, facían competicións para ver cal era o carro que cantaba mellor. Asubiaban os eixes por todos os camiños.

      Eliminar
  2. Xóse suena muy bonito un abrazo Carmen

    ResponderEliminar