Buscar en este blog

Archivo del blog

jueves, 19 de enero de 2012

LEMBRANZAS

 
Orballo de mañanciña,
cheiro de terra mollada,
verdor daquela herbiña
que a choiva deixou deitada.

 Paisaxe mudo de inverno
de folerpas ben estrado,
fumeira urxida do averno
riba dun monte furado.

 Andan as burgas fervendo
o sangue do noso chan,
feitizos andan facendo
meigas que veñen e van.

 Nos soños andan á espreita
lembranzas daqueles días
voando de esquerda á dereita,
voando nas noites frías.


 Safe Creative #1201180934850

2 comentarios:

  1. Voando nas noites frías... Agarimando o corazón que arrefría ás veces, cando se está lonxe!

    Canto agariman as lembranzas! A que si?

    Moitos biquiños.

    ResponderEliminar