Buscar en este blog

sábado, 26 de marzo de 2011

SENSACIÓNS

Aloumiño da brisa
e vento que zoa,
baixando da serra
sentino na chousa.

Cheiro de xestas
que voa no ar,
arume espallado
na beira, no chan.

E brúan piñeiros,
lonxe, na serra,
e chega ata aquí
ruxido do vento
que vén onde min.

Recordo de olores,
que baixan do monte,
lembranza do tempo
que axiña pasou,
a fonte sequiña
no fin do camiño,
o rego que outrora
auguiña levou.

E quedan lembranzas
e soños de neno,
devezos arcanos
que nunca serán.
Esquecen no vento
antigas quimeras
que lonxe quedaron
e non tornarán.

Deixei as pegadas
do meu camiñar
cheíñas de orballo
e branco luar,
cheíñas do tempo
que camiñamos
marcando carreiros
que voan ó mar.

Aloumiño da brisa
e vento que zoa,
baixando da serra
sentino na chousa.

Safe Creative #1103268816747

2 comentarios:

  1. Un gusto visitarte Piteira.

    Cordiales saludos amigo.

    ResponderEliminar
  2. Dominio de vocabulario, musicalidade e ritmo. E moito sentimento. Perfecto. Dá gusto ler este galego chegado de tan lonxe!

    Bicos.

    ResponderEliminar