Buscar en este blog

Archivo del blog

miércoles, 28 de julio de 2010

QUE NON CHORE

E non quero, non quero,
esa noite, negra noite,
non a quero.
Noite pechada,
pasas de vagar,
deixa que veña
o claro luar.
Que chegue ven pronto,
que veña cediño,
que chora o meu neno,
que che ten mediño.
Non deixes, noite negra,
non deixes que chore
que os ollos dos nenos
só queren as flores.

1 comentario:

  1. Semella que adormeces, coma Rosalía, unha doce crianza nun berce, mentres suplicas por que esa negrura pase e se tinga de flores o amencer, simplemente cun sorriso do sol de Galiza.

    Coma sempre, percibo nas túas letras en galego e morriña que ás veces nos quere vencer cando estamos lonxe.

    Un bico grandísimo.

    ResponderEliminar